Servizo Catalog Service for the Web.

Un servizo Catalog Service for the Web (CSW) é un standard creado polo Open Geospatial Consortium que amosa un catálogo formado por rexistros que describen os datos - por exemplo, ficheiros en formatos como GML ou KML - e servizos - como WMS ou WFS - dunha infraestructura de datos espaciais.

Este catálogo de rexistros recibe o nome de metadatos. Un servizo CSW permite, ademais, facer operacións de consulta e busca sobre os metadatos.

O noso servizo CSW proporciona metadatos acerca de fenómenos como abastecemento e saneamento de augas, estradas de titularidade municipal, provincial, autonómica e estatal ou áreas naturais, por mencionar uns poucos.

Actualmente os metadatos dispoñibles son os correspondentes ás edicións da EIEL dos anos 2011 e 2016.

En canto ás funcionalidades do standard CSW que ofrece o noso servizo, estas son as amosadas non seguinte listado;